miércoles, 27 de junio de 2018

Investigando augas termais e balnearios

O alumnado de 3ºESO PMAR, desde os Ámbitos Lingüistico-Social e Científico-Matemático, desenvolveu unha tarefa de investigación arredor das augas termais e os balnearios, centrándose nos balnearios en Caldas de Reis, Cuntis e Caldas de Taipas en Guimeraes (Portugal). Foi un deses proxectos que, cando os/as profesores/as cho explican, sempre pensas que é un máis entre os que normalmente nos piden, sen moitas expectativas e, sendo sinceros, veste con poucas ganas de afrontalo. 

Pero non, a verdade é que non, foi moi especial, motivador, entretido, diferente ao que son as clases normais, con saídas do IES, visitas aos balnearios, entrevistas, gravacións, toma unha, dúas, tres e catro (cando non nos saía á primeira). Nós, alumnos/as de 3º ESO investigando, entrevistando, sendo gravados/as, improvisando nalgúns casos a partir das  respostas das coordinadoras dos balnearios... e, sobre todo, aprendendo unha chea de cousas sobre as augas termais e os balnearios, uns edificios que tiñamos ao noso lado e dos que case non sabiamos nada. Agora que xa temos o produto final, que podedes ver escaneando este código QR,sentímonos moi orgullosos/as do feito. Temos que recoñecer que a implicación dos profesores dos dous ámbitos (lingüístico e científico) foi moi importante, sobre todo, esa capacidade de motivarnos e facernos crer sempre que eramos capaces de facelohttps://www.edu.xunta.es/webmail/imp/themes/default/graphics/spacer_red.png


Hecho con Padlet

Sentindo o centro


A profesora de Educación Física estivo sentindo o centro... No seguinte enlace podes ver o traballo que realizou.





Preme na imaxe se queres ver todo o que fixemos "Sentindo o centro..."